Teléfono intelixente ou
smartphone é un termo comercial para denominar un
teléfono móbil que ofrece máis funcións ca un teléfono celular común.
Case todos os teléfonos intelixentes son móbiles que soportan completamente un cliente de
correo electrónico
coa funcionalidade completa dun organizador persoal. Unha
característica importante de case todos este teléfonos é que permiten a
instalación de
programas para incrementar o procesamiento de datos e a conectividade.
As aplicacións poden ser desenvolvidas polo fabricante do
dispositivo, polo operador ou por un terceiro. O termo intelixente/smart
fai referencia a calquera interfaz, como un teclado
QWERTY en miniatura, unha pantalla táctil ou simplemente o
sistema operativo móbil que posúe, diferenciando o seu uso mediante unha exclusiva disposición dos menús, teclas, atallos etc.
O completo soporte ao correo electrónico parece ser unha
característica indispensábel atopada en todos os modelos existentes e
anunciados dende 2007. Case todos os teléfonos intelixentes tamén
permiten ao usuario instalar programas adicionais, normalmente inclusive
desde terceiros -feito que dota a estes teléfonos de moitísimas
aplicacións en diferentes terreos-, pero algúns vendedores gustan de
tachar aos seus
teléfonos
como intelixentes aínda cando non teñen esa característica. Algúns
exemplos de teléfonos denominados intelixentes son: Serie MOTO Q de
Motorola,
Nokia series E, series N e algún modelo da serie X como o X6
BlackBerry, Samsung Galaxy S,
iPhone e todos os que teñen o sistema operativo
Android, por exemplo: Google Nexus One, Motorola Milestone e Sony Ericsson Xperia Arc.
Entre outras características comúns está a función multitarefa, exceptuando as versións anteriores a iOS 4.0 , o acceso a
Internet vía
Wifi ou
3G, aos programas de axenda, a unha
cámara dixital integrada, administración de contactos, acelerómetros,
GPS
e algúns programas de navegación así como ocasionalmente a habilidade
de ler documentos de negocios en variedade de formatos como
PDF e
Microsoft Office.