Estimados lectores;
chámome ELENA, e aquí vos presento a miña nova bitácora na Internet.
Paseniñamente irei engadindo artigos que agardo sexan do voso agrado. Nesta
primeira entrada vouvos falar un poco da vila onde vivo, esta é Aguiño, unha
parroquia de recente creación, pois data do ano 1959, e que pertence ó Concello
de Ribeira (Galicia).
Esta grande parroquia,
está case que na súa totalidade bañada polo océano Atlántico, e pola entrada da
ría de Arousa. A maior parte das súas xentes viven do mar, daí o seu carácter
mariñeiro polos catro costados. Sardiñas, xurelos, polbos, ameixas,
percebes…todo o que producen estas ricas augas son a fonte de vida do pobo.
O porto é donde se
concentra o gran atractivo deste pobo, ademais das súas fermosas praias e
rochedos. Convídovos a que veades algun dia a visitar este fermoso lugar das
Rías Baixas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario